luns, 2 de marzo de 2015

A Xeración Beat: mulleres

CC-BY-NC-ND (Kai Mort Shuman)

Malia as tebras de Keruac e Burroughs están poetisas como Lenore Kandel. Nunha especie de vidas paralelas. Ela tamén formou parte da Xeración Beat a mediados do século XX.

Aínda que este movemento xira nunha espiral de drogas, sexo feroz, o son do jazz… é coma se se comezase a ouviscar que as mulleres pasan de obxecto a suxeito. A un EU. Deixamos de ser ese suco no fondo da terra.

Outra destas indómitas é Elise Cowen, quen tivo un amorío con Allens Ginsberg. Mais era amante da liberdade:
A señora…

A señora é unha cousa submisa

feita de auga e da morte.

A moda vistea de sobriedade e

usa a súa mente para coserlle a vaíña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Licencia Creative Commons