sábado, 14 de marzo de 2015

Améndoas. Os nómadas.

Era un día de feira. Comía améndoas. Viña de Montmartre, berce de Picasso, Van Goght, Edith Piaf, Boris Vian… tiña pecas na cara e o pelo cor granate.
Díxome que marchaba ao día seguinte. Que era unha bohemia. Que nunca ficaba no mesmo sitio máis de dous días.
Sentíame máis triste que ninguén.
Ao día seguinte botei a correr cara o circo.
Non había circo.
As cores desaparecerán, os animais tamén, as caravanas.
Ficaba soa nese anaco de terra. Sabes esa tristura da vida bohemia? O circo sempre foi un sitio de moita saudade. Cando ven, os rapaces rin sen parar, pero cando se vai queda un oco baleiro. O oco baleiro do sorriso.


Lembro que ese nadal pedín ser diferente. Pedín ser un pouco bohemia como aquela; tamén poeta, filósofa, soñadora, rebelde… Pedín ser o ollo do furacán. Bater nas persoas. Deixando algo bonito.
Owen Gent

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Licencia Creative Commons