venres, 6 de marzo de 2015

Há tão pouca gente que ame as paisagens que não existem!                                                 Pessoa
Non souben os lindes do amar.
Está no que amosamos,
as pontes, as verbas;
está no que arrebolamos,
o sorriso;
está en calquera sitio,
en calquera cousa,
en calquera persoa;
agardando.
E eu vinte,
sentinte,
rebentando todas as pontes,
bailando na noite coas últimas luces.
Amar como se fose esbafarnos,
soñarnos, 
ousando transpasar as constelacións.
A dor as veces amaina e queremonos.
A dor cantanos cancións.
Bruno Bruni


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Licencia Creative Commons