mércores, 18 de marzo de 2015

Nubes pasaxeiras

Aki Kaurismäki é un director finlandés, que vive en Lisboa.Autor de películas como: "Ariel", "A rapaza da fábrica de mistos", a recente "Le Havre"...
Veño de ver una película súa, “Nubes pasaxeiras”,  explota una bomba desde que acende a pantalla do noso pequeno habitáculo. Un restaurante. Un home tocando o piano. Cantando. Letras que din que o mundo é un papel. Fala da liberdade.
A maître fica inmutable mentres a música soa e os señores falan e falan sen parar nas mesas. Unha muller fuma, ollando ao pianista.
Chaman a Ilona, una especie de “camarera”, dinlle que o cociñeiro voltou a facer das súas. Ameazante, cunhas botellas de alcohol e un coitelo. Con aire cómico.
Sae do traballo e entra de socate no tranvía, bica ao seu home, o condutor da fermosa máquina verde que se abanea sobre as lixeiras luces da cidade. Aquí engulenos a poesía, a fermosura do silencio, Ilona ao carón de Lauri, apoiada, amarrada á barra, o travía totalmente deserto.
Entra na estación. Os dous collen o coche. Chegan a casa e o coche frea, retrocedendo un anaco. Abren a porta e deseguido entran na casa. O home mercou una televisión, están abraiados diante dela, máis por pouco. A súa vida está a construírse, a librería está baleira, hai mobles, un tocadiscos, un coche, una televisión que terán que pagar a prazos; coma todo.
Aos dous por un golpe de mala sorte, un bater da vida, quedan sen traballo. Seica o paradiso está murado.
O restaurante Dubrovnik pecha e xa non se precisan catro condutores, un deles será Lauri.
A película vai sobre as reviravoltas da vida, sobre a busca da dignidade...
Vai sobre a loita, o silencio, a dor, o amor, Lauri de cando en cando aparece cun ramo de flores, amarelas, vermellas; uns homes levan a televisión, os mobles... Lauri e as flores. E o can, o can acompáñaos toda a película. Un can que lame os pratos que quedaron enriba da mesa, nun época na que reina a escaseza.
Ao final Ilona consegue diñeiro e monta un bar chamado “Työ” (traballo en finlandés).  Está cheo de xente. E Lauri de telefonista.
Fin. Lauri, Ilona e o can diante do novo restaurante.

A película destaca polos silencios senlleiros,a crueza, a inexpresión, arrastrados por un carrusel que da voltas e voltas. Sen máis.
Hai cousas que perduran:
A música
Os de sempre
O can
O tabaco
O alcohol
A escaseza de verbas
O egocentrismo: salvese(me) quen poida
A mala sorte
A amizade
O amor silandeiro


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Licencia Creative Commons