domingo, 8 de marzo de 2015

O exilio.

"Deitome e,  antes de durmir, falolle mentalmente a Lucas, como adoito facer desde fai moitos anos. Digolle máis ou menos o de sempre. Digolle que, se está morto, ten sorte e que me encantaría estar no seu lugar. Digolle que a el lle tocou a mellor parte, que eu debo levar a carga máis pesada. Digolle que a vida é dunha futilidade total, que non ten sentido, é aberración, sufrimento infinito". (…) Fragmento de Claus e Lucas

"Leo. É coma unha enfermidade. Leo todo o que cae nas miñas mans, baixo os ollos: diarios, libros escolares, carteis, anacos de papel atopados pola rúa, recetas de cociña, libros infantís…Calquera cousa impresa".Fragmento de A analfabeta

Dun dos libros de Agota Kristof, O gran caderno:



A analfabeta de Agota Kristof é unha autobiografía maxistral. Unha muller que fuxíu da devastación da súa terra natal. Fuxiu a Suíza. Traballou nunha fábrica de reloxos, como se o tópico se cumprira. Aprendeu o francés, aínda que non era a súa “raíz”  e nunca conseguiría interiorizalo, era unha especie de migración a outras verbas. Estando nese estrano país esperaba os domingos para durmir un pouco máis e soñar con Hungría. Presentanos a súa estadía como un “tempo morto”.

Ela era fráxil.poética…

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Licencia Creative Commons