sábado, 14 de marzo de 2015

"O mundo é cruel, pero merece tamén outros calificativos máis compasivos"


Szymborska naceu vai 86 anos en Kórnik, preto de Poznan (Polonia). Agora vive en Cracovia, agora e desde os oito anos. Nunha vivenda sen ascensor.
Era unha descoñecida, mais fai 18 anos recibiu o Premio Nobel e as cousas cambiaron un pouco nese sentido.
Russel Sorgi (1942)

A HABITACIÓN DO SUICIDA
Seguramente credes que non había libros, nin cadros, nin discos.
Non parecía que de esa habitación houbese saída, 
As gafas para ver de lexos estaban na repisa.
Seguramente credes que cando menos a carta aclaraba algo.

Seguramente credes que a habitación estaba baleira.
Pois non. Había tres sillas ben firmes.
Unha lámpada boa contra a escuridade.
Un escritorio, no escritorio unha carteira, periódicos.
Un buda despreocupado. Un cristo pensativo.
Sete elefantes para a boa sorte e no caixón unha axenda.
Credes que non estaban nela as nosas direccións?

Pois si. Había unha trompeta leda nunhas mans negras.
Saskia cunha flor cordial.
Alegría, divina chispa.
Odiseo sobre o estante durmindo nun soño reparador 
tras as fatigas do canto quinto.
Moralistas,
apelidos estampados con sílabas douradas
sobre lombos fermosos.
Os políticos xusto ao lado mantíñanse erguidos.

polo menos pola porta,
ou que non tivese algunha perspectiva, polo menos desde a ventá.

Oíase unha mosca, é dicir, que aínda estaba viva.

E se vos dixera que non había carta.
Tantos de nós, e todos coubemos
nun sobre baleiro apoiado nun vaso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Licencia Creative Commons