sábado, 28 de marzo de 2015

Parar de pensarte,

É coma o desexo dos adolescentes de arrancarse a roupa cando están en público.
É coma os viaxes en buses de duas prantas. Coas últimas luces. As rúas baleiras. A poesía nos ollos do condutor. Que te leva a casa despois de coller o número equivocado.
É coma o que nunca saiu dos nosos labios medosos.
É coma irte, soa, un gran de area nun mundo novo.
Demasiado grande para a 'nada'.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Licencia Creative Commons