martes, 3 de marzo de 2015

Reino do agreste e da pureza. Non fuxas.


Aleksandra Waliszewska

Mírame: cheo de larafuzas.
Mírame: con ollos de mágoa.
Mírame: correndo e cantando.
Mírame: en silencio.
Mírame: salvaxe.
Mírame e bota a andar, descalzo, 
polo lodo, sen repouso.
Mírame para tecer algo que pare o tempo.
Para pechar a ferida imaxinaria.
Non deixes de mirarme cos ollos cheos de vida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Licencia Creative Commons