sábado, 18 de abril de 2015

Betulácea.

JE VEUX
As flores
podrecen
e eu
quero un xardín.
Quero refuxiarme no seu corpo
sentir as súas vértebras
as olladas a cegas.
Quero vivir as súas noites.
Quero devorar.
Habitalo
mergullar.
Non quero que sexas como a luz que me atravesa
efémera.
Só quería que o corpo fose noso.
Quero-digo en silencio-.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Licencia Creative Commons