xoves, 16 de abril de 2015

Chamada. Espellismo.


Chámasme desde o soño
Como as sereas
Chámasme
Cando ao pechar os ollos lembras
Labios
Medias
Eu escóitote ao lonxe
Rodeada de xente
Pero non o sabes
Como tampouco sabes que estou aquí
Chamándote
E que no soño tamén sorrío.
E que tí es un Rock,
Es o mar,
E non podo escoitarte.

Agora escoitasme e só falo de poesía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Licencia Creative Commons