xoves, 14 de maio de 2015

Temos un azul que ule a mar





Temos un azul
que ule a mar
e non temos nin tan  sequera
voz
Vimos as afiadas luces
dos  milleiros de edificios
do faro xirar
arredor de nós
Soupemos vivir
Soupemos morrer
E agora somos o salitre
a pel avermellada

Esquecervos sería como esvaecerse as verbas da miña canción favorita
Porque nada nos pertence
Mais podemos retelo na mente
Podemos beber cos ollos
E o amor,


non nos deixará morrer.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Licencia Creative Commons