mércores, 24 de xuño de 2015

Que difícil é ser deus


Aqueles foron días cando eu aprendín o que é o sufrimento, o que é sentir vergoña, que é desesperación. Pedro Abelardo
Debo advertir que: para cumprir esa misión, vai armado, co fin de infundir respecto. Pero en ningún caso será autorizado a usar as súas armas, sexan cales sexan as circunstancias. Entende? Ernest Hemingway

Que difícil é ser un deus é unha rara avis inspirada nunha novela de ciencia ficción rusa bastante coñecida (e recoñecida) dos irmáns Strugatsky, adaptación feita polo director Aleksei German.
Porén, esta non é unha ficción calquera senón que ten algo de didáctico, trátese do humanismo  e da crítica social. Crítica baseada nun sistema comunista alternativo que deriva no totalitarismo, como xa ocorreu na historia do planeta.
Se puidese ser simplista diría que é visceral e ao mesmo tempo grandiosa por eses fabulosos planos en branco e negro, movementos insospeitados, a corrente subterránea social e filosófica...
Afondando máis no meollo, a película situase nun locus similar á Terra chamado Arkanar. A simple vista pode identificarse este noxento lugar, onde os humanos son os peores monstros, na Idade Media e o consecuente feudalismo, sistema  no que o poder está nas mans duns poucos, moi pouquiños. Sistema no que hai homes libres e escravos. É por isto que se envia a unha serie persoas a investigalo (pero coa condición de non interferir na vida política e social) como é o caso de Don Rumata.Este, ou como máis lle chaman “Don” é o famoso deus, aínda que se trata dun científico do noso planeta enviado a este lodeiro onde as universidades foron destruidas ao igual que a cultura. Os resquicios de cultura, homes sabios e libros que se manifesten son esnaquizados como se de Fahrenheit 451 tratara.
A película centrase neste personaxe que como terrícola rexeita a falta de hixiene e condicións vomitivas que xorden ao longo das tres horas. De aí a teima de aparecer sempre co pano, e rematar nunha especie de charco (outra cousa mellor non había, non sei que dicirvos). O “pobre” Rumata despois de tanto caos, sucidade,  violencia,  loucura...
Este marabilloso pesadelo de ciencia ficción pode lembrarnos algúns a El Bosco ou mesmo á gran serie do momento: Game of Thrones, deixando o listón moi alto.
Cando saín do NUMAX comprobei sorprendida que existían os baños, a auga corrente, os libros e as rúas non fedían. MENOS MAL!

“Miña nai dicía que as bágoas só son auga. Todo está na cabeza”.“O creador castigounos con dor. Eu tamén fun á Universidade”.“Deus, se existes, detenme”.“Destruir é sinxelo”.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Licencia Creative Commons