venres, 21 de agosto de 2015

El cielo oblicuo.


El cielo oblicuo de Belén García Abia non é precisamente o libro que pasa inadvertido polos meus ollos. É un canto desde o interior do corpo de todas as mulleres. Ou mellor: un berro.
Fala da non- maternidade, do feminino, dos corpos e do sufrimento que se encerra nestes.
Fala tamén das mulleres na literatura, na vida:  Natalia Ginzburg, Perkins Gilman, Ariana Harwicz, A. M. Homes. Fai mencións a grandes escritoras, grandes mulleres:  Lessing, Woolf, Mansfield, Sylvia Plath, Alice Munro,Némirowsky, Venturini, Kristof, Müller, McCullers, Oates, Pizarnik, Sexton… Dinos: “escribo para leerlas”, “escribo para escuchar esas voces”.
Abrenos as feridas para contarnos que é para ela ser muller, que debe ser… O libro está escrito con silencios tamén, xa que logo, no se trata dunha escritura en prosa convencional senón que  ás veces lémbranos a unha tormenta de ideas  que poderíamos mesmo asemellar cun poema  que escribe con todo o seu corpo cando está a piques de caerse en anacos. Desgarra.
A primeira parte chámase “La anunciación”. Anunciación de que non pode ser o que sempre quixo. É unha nai morta. Escribe: “ Debo de tener un nudo en el útero, eso debe  de ser, un nudo fuerte que no permite que salga nada de mi vientre”.
A segunda “Genética”. Unha xenética que invoca á infancia marcada pola historia familiar: “las harpías raptan las almas y a los niños. Las harpías las raptaron”. É a súa voz ao longo do tempo, e vamos medrando con ela e o seu baleiro. O baleiro.
E segue removéndonos. 
Finalmente, remata coa voz de Telmo, a morte do pai e con el, a nai, que cada día amencía nun país. Sen ganas de vivir. Cravándose a dor dos que non están: “ y al morir vamos a un cielo lleno de gente como  nosotros, que también, de tanto dolerles el mundo, han aprendido a andar torcidos, es un cielo oblicuo, donde sólo pueden entrar los llevan el peso  del mundo  en su espalda”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Licencia Creative Commons