xoves, 27 de agosto de 2015

Puxécheslle o meu nome a unha colmea

As abellas
saben cal é o seu sitio aínda que non vexan
calculan coordenadas
debaten sobre o tipo exacto de mel e pranta que absorberán
se van de viaxe, levan munición
alimentan á raíña
as obreiras viven arredor de 5 meses
están sempre a bailar
de esguello, bailando
sen parar
criaturas danzantes
de flor 
en flor
bailar ata morrer
The anatomy of the honey bee/ A anatomía dunha abella: https://archive.org/stream/cu31924003168865#page/n145/mode/2up


Matthew Woodson



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Licencia Creative Commons