martes, 18 de agosto de 2015

Un intre

Sophie Lecuyer

Estar ao abrigo do fin do amar
é a iso ao que eu chamo felicidade
Marguerite Duras


*
Por un intre estiven ao teu carón
Por un intre conquistaches a miña orella esquerda
bisbandome loucuras
berrando a pel

*
Puxemos nome, chamábaste: imposíbel
soño
efémero

*
O que non dixen foi que me gustaban os imposíbeis

*
Cheirabas a colonia

*
Esbaecíaste
conducindo en punto morto
entrando e saíndo dos bares na miña busca

*
Mais só foi un intre

*
Non lle poñerei o teu nome a miña sede

*
Os troncos das árbores están morrendo e dóeme cando tremen
as follas móvense e traen un sabor acedo

*
Esbaecémonos coma o astro que fina unha volta á súa órbita
fina a viaxe cósmica dos nosos beizos

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Licencia Creative Commons