xoves, 3 de setembro de 2015

Palabras do vento


(…) Vos nunca entenderedes estas cousas,
 estas fontes tan fondas,sin palabras
que nas palabras surxen tatexando como meniños nados dun
 [hospicio
Oramá non sepades o segredo
destas fontes tan fondas, sin palabras,
xa que sodes somentes unhas palabras
Indo e vindo no tempo, unhas palabras
palabras e palabras e palabras.
Celso Emilio Ferreiro

Dialogar co ceo  
 falarlle aos animais
era algo que ía no noso ADN
no sistema linfático
nas veas
no último centímetro de pel
e quererte era fácil

Quererte era fácil
porque me levababas ver moverse as nubes, 
porque desde que estás aquí
Botamos a rir in media res
en calquera momento
sen máis motivo que o de que hai que amansar a dor
curar as feridas
a voz non abonda
o silencio esbáese co poema


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Licencia Creative Commons