xoves, 1 de outubro de 2015

“Nunca más guardaremos silencio”



re-evolución
pensas 
que estou soñando
mais penso que as palabras
teñen suficiente forza
para cambialo mundo
as palabras
os berros 
cando saen disparadas,
alporizadas,
son
 a mellor arma de construcción masiva


Los hongos, na cidade “submarina” de Cali non vai de nada e vai de todo un pouco, vai de guerra, de revoltas, vai de relixión, de política, de manipulación. Vai de opresión.

Ras e Calvin érguense para esparcirse pola cidade en forma de grafittis. Son tempos de cambio e os “hongos” son a vida que aparece despois da morte. Persoas que aportaron moito, fuxindo á velocidade do tráfico, escapando da miseria. A sede da rúa.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Licencia Creative Commons