venres, 13 de novembro de 2015

As mil e uma noites,Miguel Gomes.

As mil e uma noites, o inquieto é un filme de Miguel Gomes; galardoado este ano en Cineuropa. No seu discurso dixo que pensaba que ia morrer porque lle daban o premio, pero que como non era así, e considérase alguén novo con pouca obra, dixo ía seguir a agasallarnos con máis filmes. E que contra a política da austeridade cinema da diversidade. Política de austeridade que se deixa ver nos estaleiros portugueses de Viana do Castelo onde se construiron milleiros de barcos para o mundo enteiro. Despois aparecen as avespas asiáticas,  nun intento de contar mil historias á vez. Avespas que se entende que pican aos traballadores. E hai un home que cre que el só pode matar a todas as do país. De noite, queimando árbores, coma se se tratase dun vagalume inmenso. Un filme á vez que cómico que vai construindo un fíos as veces moi poéticos como en Aquele Querido Mês de Agosto que  nos engaiolou  polas verbenas do rural que tan típicas son tamén da Galiza.




Despois aparece Xerezade para contar as desventuras do país, o desgoberno, as desgracias a través dun imaxinario corrosivo e cheo de humor. É sobre todo unha sátira política. Aínda que Miguel Gomes dixo que non posuía cualidades para iso pero si para retratar a estrutura dunha sociedade, dun pobo, que diso se trata a política.
Historias e máis historias.Un galo madrugador que é o primeiro berro da consciencia do pobo pero ninguén o escoita e todos se queixan. Non o deixan expresarse. O galo vai a xuizo. A xente da Troika sobre a que recae unha maldición ou bendición e por fin son felices a base de ereccións e deixan de apretar aos cidadáns. Porque hai máis formas de facer política que a liberal.  Unha rapaza provoca un incendio por amor. O bosque arde malia que chove. Homes e mulleres debecen por tirárense ao mar en pleno inverno.


Xerezade fala.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Licencia Creative Commons