xoves, 19 de novembro de 2015

Mustang


A directora de Mustang:  Deniz Gamze Ergüven dixo nunha entrevista que fixo a película para afondar en que consistía ser “muller” en Turquía, onde os profundos movementos tectónicos xiraban en torno esa temática.
Son moitos os que asocian esta película coa de Virxes suicidas de Sofia Cappola.

Comeza coa historia dunhas irmáns que xogan na praia sobre os ombros dos rapaces.  Séguese con  este acto inocente é condenado de provocativo e fóra de lugar, por “sexual”.

A veciña delata as rapazas, de obscenidade. É entón cando comeza a verse o primeiro atisbo de rebeldía de Lale preguntándolle se ela unha xuíz moral. 
Progresivamente vaise vendo como cada vez a  sociedade patriarcal as reprime máis e máis.
Porén, encerradas na habitación, cos cabelos entrelazados, están a descubrir a súa sexualidade. A descubrírense. E son continuas as loitas contra as imposicións sobre todo por parte de Lale, que xa con case todas as súas irmáns casadas consegue fuxir da casa onde estaban recluídas, nesa “fábrica de facer esposas”.

Aínda que é obvio que é un filme feito desde o punto de vista occidental, e aínda que é doado que consiga irritarnos profundamente,  transmite moito. Ten unha mensaxe insurxente, de loita feminista, pola liberdade que se ve materializada ao chegar ao Istambul. Agridoce e cun toque de esperanza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Licencia Creative Commons