domingo, 6 de decembro de 2015

O pais(axe)

Porque ahora tú y yo
(en esta pequeña habitación, 
con nuestra respiración a todo volumen)
Somos el país de este viaje
Christos Tsiamis

Esqueceuse da súa propia dor, 
só ficaba no verdor da paisaxe
inmune a  todo o ferinte
atravesada pola luz
a unha velocidade desorbitada

E era esa persoa que tantas veces nos esnaquizou a vida
porque nada importaba ata que doeu
ata que nos matou
atrapounos coma unha Ofelia no peor dos mundos
camiñando descalzos
sobre espiñas
sen esperanza
nin palabras na gorxa

mais atopando un respiro 
nos ollos dalguén
no corpo
no silencio

porque a soidade excita
porque o poema é o summum
o orgasmo do esquecemento

e foi por causa dese silencio
que ficaremos sós ata que alguén nos atope

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Licencia Creative Commons